Últimos días para anotarse no curso de fitosanitarios de nivel básico que comezará o 16 de novembro en Lugo

Últimos días para anotarse no curso de fitosanitarios de nivel básico que comezará o 16 de novembro en Lugo

A consultoría agroalimentaria Agronovo, xunto con Califica Formación, organiza un curso para obter o carné de aplicador de produtos fitosanitarios de nivel básico, que dará comezo o próximo 16 de novembro de 2026. A formación terá unha duración de 25 horas, das cales 16 se impartirán en liña e nove corresponderán a prácticas presenciais.

O programa estrutúrase en 14 módulos que abordarán cuestións como as pragas nos cultivos, os métodos de control, a utilización de produtos fitosanitarios e os seus equipos de aplicación, así como os riscos para a saúde e o medio ambiente. Tamén se tratarán as medidas de prevención, o uso de equipos de protección individual (EPI), o almacenamento e transporte destes produtos e a normativa aplicable.

As prácticas presenciais celebraranse os días 2 e 3 de decembro en Camiño Real 72-74, entrechán B, en Lugo, mentres que o exame final terá lugar o 14 de decembro no CFEA de Becerreá.

O custo do curso é de 200 euros, importe que inclúe a formación, a matrícula do exame, as taxas e a xestión do carné.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 2 de novembro. Para obter máis información ou formalizar a matrícula, as persoas interesadas poden contactar con Califica Formación a través do teléfono 687 806 796 ou do correo electrónico info@calificaformacion.es.

Ver cartel do curso